A Velas Vir

vaia vaia vaia….

Archive for the ‘cociña’ Category

Turismo

hai un comentario

Dous clientes meus (un barcelonés e unha salmantina) teñen pensado ir por semana santa a Galiza (por separado, o catalán ca súa moza inglesa e a salmantina ca súa familia) a pasar uns días de relax a base de comida, paseos polas praias etc… o que pasa e que a verdade e que non teño nin puñetera idea de que aconsellarlles de facer. O barcelonés vai andar entre Compostela, A Coruña e Vigo e a salamatina vai a establecer Sanxenxo como base operativa e dende aí vaise mover pola nosa terra.

Pídovos axuda para que votédesme unha man suxeríndome sitios onde poden ir a comer, visitar, etc… a verdade e que estaríavos moi moi agradecido.

Escrito por Pablo

Xaneiro 27, 2008 a 12:05 pm

Publicado en Galiza, cociña

Ruta Gastronomica

without comments

O pasado sábado estiven comentado co meu colega Marco a idea deste vindeiro outono ou así facer unha ruta gastronómica eu e a miña moza máis el e a súa moza, o longo de Galiza para mostrarlles a magnífica calidade dos productos galegos e redescubrirlle, cos auténticos e orixinais ingredentes, pratos que como a empanada, o polbo, vieiras, etc… xa lle descubrimos aquí en Londres.
A razón deste post e moi sinxela: a vosa colaboración. A miña idea é que a parte de levalos a comer a sitios non moi caros pero que se coma comida tradicional galega estean a man de algún sitio algo turístico onde, ademáis de educar a súas almas, educalos na súas mentes mostrándolles cousas da cultura galega. ¿Algunha proposta?
Moitísimas grazas pola vosa colaboración de anteman.

Escrito por Pablo

Abril 17, 2007 a 6:15 pm

Publicado en Galiza, cociña

Incalle o dente

con 3 comentarios

Con diferencia dun par de semanas, dous dos meu mellores amigos abriron blog especializados en receitas de cociña, cadan seu cas súas particularidades gastronómicas.
O meu ben querido Carlos creou “La Anchoa Anarquista” xunto ca súa moza Lola. Un blog onde os dous adicaranse a por recetas de cociña pouco comúns nos comensais españois e a escribir contos, unha boa combinación sen dúbida, alimentar o corpo e a alma.
O outro que decidiu abrir unha bitácora alimenticia foi Marco. O livornese abriu esta pasada fin de semana “Marco’s Temptations“, unha web en inglés onde podedes aprender moitas das receitas de comida típica da Toscana e italiana que aprendeu da súa avoa e a súa nai. Parece ser que vaise a animar a incluir de vez en cando pratos suecos (a súa moza é deste país escandinavo) e algún que outro galego, xa que máis dunha vez estivo aquí na casa cociñando con Ana e aprendeu a facer empanada e algunhas receitas máis que non desvelarei. Ademáis para facer máis sinxela a aprendizaxe incluirá videos de como cociñar as receitas.
Bo proveito!.

Escrito por Pablo

Marzo 26, 2007 a 7:33 am

Publicado en cociña, internet