Archive for Decembro 2007
Benvida
Este ano, grazas a deus, non houbo problema ningún na nosa viaxe de Londres a Ourense. A pesar da tremenda xeada que caeu en Londres onte a mañanciña non houbo problema para despegar, cun chisco de retraso eso si, dende o aeroporto de Heathrow.
Moi bo tempo en Galiza. A Coruña recibiunos cun soleado día e 15 grados de temperatura ambente; e Ourense recibiunos cun bo prato de callos e unha bola de pan de Cea.
O mellor de vir no nadal a casa é estar ca familia, sentirme util nestes días axundando os meus pais e a miña irmá a facer recados, compras… e por suposto ver os colegas, xa que por estas datas todos voltamos a casa, podemos tomarnos un café e pornos o día do que aconteceu durante este ano nas nosas vidas.
Tranquilidade, ese é o plan para este ano. Ainda non teño plan para fin de ano e tampouco me compre. Non penso ir o dentista a facer a miña revisión anual, tampouco o oculista… o único estress para min este ano vai ser mercarlle os galanos de nadal os meus pais e a miña irmá, o dito, relax.
Por certo, fai dous días foi o cumpreanos de Carlos, xa o felicitei vía sms, pero hoxe a noite espero felicitalo en persoa.
Tapas
Onte a mañá fumos ó Borough Market, a pasar un rato con Rodrigo, que xa se volve para Galiza, rematando así a súa aventura Londinense.
Alí presentounos a Alberto, outro galego residente en Londres e metido no mundo da web 2.0 . A verdade é que entramos no Brindisa a tomar un vaso de viño e un par de tapas a eso da 1 do mediodía e saimos con máis dun viño, e con máis de dous tapas cada un a eso das 5 do serán.
Foi un rato estupendo, algo que aquí en Londres botaba moito en falla, estar de pé, cos amigos, na barra dunha tasca tomarme unhas cañas, uns pinchos e falar durante horas e horas dos temas máis intrascendentes e a vez máis importantes da vida. Para calquera que lea esto parecerá unha parida, pero asegúrovos que en case que catro anos aquí en Londres nunca tivera a oportunidade de ir de “pinchos”, e hei de recoñecer que acabei encantado ca experiencia, sentinme como cando vou con Ana e os nosos amigos polos bares da rúa dos viños en Ourense tomándonos unhas croquetas no “El Rey Del Jamón“, un picho de orellas no “Orellas” (valga a redundancia), un pincho de calamares no “Dúas portas“, outra de champiñóns no “Arco Da Vella“…
Un marabilloso rato, unha marabillosa experiencia que teremos que repetir cando Rodrigo regrese a Londres a facernos unha visita.
Coidate, meu!.
Vinilo

Onte fun ata Brick Lane acompañando as rapazas a un saldo da deseñadora Orla Kiely e descubrín que Rough Trade abrira fai pouca unha tenda no o carón desta famosa rúa. A verdade e que é impresionante, ten cafetería na entrada, na parte de enriba está xente traballando para o que é a discográfica e venta por correio, teñen ademáis zona de navegación grauita por internet cuns iMacs cunhas pantallas máis grandes que o demo, un pequeno escenario para concertos… pero a min o que realmente interésame e que con todo ese espazo, con tanto sitio para meter vinilo ¡¡fanno!! hai moreas de vinilo, tanto ou máis que na súa tenda de Talbot Road en Notting Hill. Ai caixóns e caixóns cheos de 7″ e de álbumes de todolos estilos e no mostrador tes 5 pratos para escoitar calquera disco que queiras mercar, unha cucada a verdade. Ten un aspecto moi sinxelo, mantendoo “rollito” almacen que foi no seu tempo, non neceitan máis e eso gustame, adoro ese toque austero.
A verdade e que agora teño un pequeno problema, e que quédame a uns 20 minutos andando do traballo e a verdade é que eso aquí en Londres é a volta da esquina, e a vez un perigo para min. Hei de recoñecelo, hoxe volvín con máis tempo para remexer en cada un dos caixóns e foi unha pasada.
Estou seguro de que a miña seguinte visita será ben pronto.
Por certo, Carlos, tes que vir a Londres so por esta tenda meu.
Lecturas

Este tempo que estiven sen conexión a internet aproveitei para ler un pouco, xa que ainda teño algúns libros pendentes. O primeiro que collín e a verdade é que resultoume moi sinxelo de ler, ameno e interesante foi “Outra idea de España” de Suso de Toro.
Sí, xa sei que o libro saíu a venda fai de dous anos e que pola súa temática e tal pode estar un pouco desfasado, pero ainda de logo deste par de anos a vixencia da maioría das cousas das que opina nesta recompilación de artigos de prensa e indiscutible.
Non me vou declarar fan absoluto deste home, porque xa non son un rapaz na idade do pavo para ser un fan tolo de algo ou alguén, pero agradecín moito certas palabras, por non decir moitas, e pensamentos do señor de Toro.
Non son moi dado a facer públicas as miñas opinións políticas, máis en menos dunha semana falei con esta dúas veces de politiqueos e de España, pero tan so quero decir que estou moi agradecido a este home por mostrarme que non son o único que pensa que é posible unha independencia cultural galega total da española, que España pode ser un estado plurinacional do que debemos estar moi orgullosos e sobre todo que moita, moitísima xente ten que rompen barreiras e castracións mentais e mirar máis aló do que certos manipuladores intentaron facernos ver e crer nos últimos tempos.
Moitisimas grazas señor de Toro.
Subidón!
Control
Nestes últimos días teño a sensación como que non controlo nada do que acontece na miña vida. Non podo tomar por min mesmo nin unha soa decisión sobre a miña propia vida.
É algo frustrante. Non sei, penso que necesito cavilar un pouco sobre todo isto, facer unha “desframentación do disco duro” do meu cerebro. A verdade é que paso demasiado tempo pechado na monotonía, pero tampouco atópome cómodo cando saio dela. Como dí Emma Clarke, ai vida máis aló da M25, estou seguro que as viaxes a Amsterdam e Berlín viranme moi ben o ano que ven.