Archive for Maio 2007
Seven Ages of Rock
Esta noite comenza unha serie de sete documentais na segunda canle da BBC británica chamada “Seven Ages of Rock“. A primeira vista ten pinta de ser una revisión rápida da historia do rock, pero o mesmo tempo concretan a información quedan con pequenos detalles e entrevistas personalizadas cos artistas involucrados.
Hoxe comenzan con capítulo chamado “The Birth Of Rock, blues-based rock 1963-1970″ e nel apareceran bandas e artistas como Jimi Hendrix, John Mayall’s Blues Breakers, Cream, Beatles, The Rollin Stones, Yardbirds, The Who, Bob Dylan ou Pink Floyd.
A verdade e que os que mellor pinta son o terceiro, que se emitirá o dous de xuño, “Blank Generation, Punk 1973-1980″ e o sexto, que será emitido o 23 de xuño, “Left Of The Dial, alternative rock 1980-1994″.
Agora tan so quédanos que algunha alma caritativa ripee os programas e os comparta nalgunha rede p2p, por que ten unha pinta excelente!!