A Velas Vir

vaia vaia vaia….

Brick

con 4 comentarios


As veces de casualidade atopas cousas bastante interesantes sen querelo. Un exemplo é este filme “Brick“. Un bo exemplo de cinema independente norteamericano protagonizado por máis dunha faciana coñecida, a lo menos para min. No reparto figuran actores que ainda que novos xa teñen unha boa experiencia en series de televisión. Por exemplo o protagonista principal, Brendam encarnado polo actor Joseph Gordon-Levitt, coñecido por nos por ser Tommy Solomon, o rapaz da serie cómica “Cosas de Marcianos” que emitiu Antena 3 fai uns anos. A súa moza, ou mellor dito, ex-moza, nesta película é Emilie de Ravin coñecida nos nosos fogares por ser Claire Littleton a nai solteira australiana da serie “Perdidos“. Nesta ocasión fai o papel de Emily, a ex-moza de Brendam que aparece morta o principio do filme e é a base para o desenrolo da acción, que non é nin máis nin menos para nosa sorpresa (nótese un certo ton irónico) a busqueda por parte do seu antigo amor do asesino da loira. Nesta busqueda aparece Laura, interpretada por Nora Zehetner, coñecida polos máis frikis da casa (eu entre eles) por ser a actriz que fai o papel de Eden McCain, a “controla-mentes”, na nova sensación televisiva ianqui, “Heroes“; que por suposto cae tolamente namorada de Brendam.
Non vou contar máis sobre o argumento do filme, tan so recoméndovos descargar a peli, por que parece ser que vai ser o único xeito de conseguila no estado español, xa que non atopei unha versión en castelán do arquivo, pero tedes dispoñibles unhas cantas versión do ripeo do dvd con subtitulos en castelán. Ainda que as veces é un pouco liosa e o Brendam vai moi de listo pola vida e dan gañas de darlle un par de labazadas, non está nada mal a película, moi recomendable se quedades na casa un venres ou un sábado pola noite na casa sen poder sair por culpa dun resfriado, cousa moi habitual nestas datas.

Escrito por Pablo

Xaneiro 18, 2007 a 7:21 pm

Publicado en cinema

4 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. Lola me habló de ella hace tiempo. A lo mejor nos la bajamos!

    Carlos

    Xaneiro 19, 2007 a 2:48 pm

  2. Carlos

    Xaneiro 23, 2007 a 2:31 pm

  3. acabo de caer na conta de que escribiches “estado español”, cando te chega o carnet da UPG? :D

    por certo, vimos Brick onte, un pouco confusa, pero moi entretida. gustounos bastante! e como cine negro teen ou algo así, a de Heroes é como a tipica vamp dos 50, brendan e un detective, o director e a policía e o Brain e o tipico coleguilla. molona.

    carlos

    Xaneiro 25, 2007 a 9:08 am

  4. Neno!! eso é por que son Republicano Federal!! que nin UPG nin que ostias!! XDDD Pablo Iglesias ese si que tiña as ideas claras!! Fora os Borbóns!! Unha España multicultural!! III República xa!!! ;-)

    feelbeat

    Xaneiro 27, 2007 a 11:43 am


Deixa un comentario