A Velas Vir

vaia vaia vaia….

It Came From Detroit

con 4 comentarios

Como cada día acabo de entrar a cheirar o que se coce por Rockactiongalaica (a verdade é que habitualmente pouca cousa) e vexo que o meu amigo Pedro Vázquez, Vilalbés de pro e físico da universidade de Compostela, entre neutrinos e protóns ten tempo de fozar na rede e buscar videos dos Paybacks no Youtube e atopou de casualidade unha ligazón a promo dun documental que ten moi boa pinta “It Came From Detroit“.

A cinta pretende mostrar a actual escea de bandas da Motor City, e a verdade é que ten pinta de ser moi interesante (están dende os Dirtybombs a The Soledad Brothers, pasando polos archi famosos The White Stripes e os festeiros Electric Six…) estar ben feita, cousa que a día de hoxe agradecese bastante, por que a verdade é que dende que o ano pasado descubrin os “Burn To Shine1 e 2 poucas cousas, en canto a documentais musicais, emocionáronme. Como é obvio xa lle din o Google e o buscador do eMule para buscar o arquivo ou máis videos pero a busqueda non tivo os seus froitos.

Escrito por Pablo

Xaneiro 17, 2007 a 9:26 pm

Publicado en cinema, música

4 Respostas

Subscribe to comments with RSS.

  1. Tío, no encuentras documentales musicales interesantes??

    http://www.in-edit.beefeater.es

    con los catálogos de las 4 ediciones tienes para bajarte docus durante un año. aunque falta saber si están por el emule, claro. jejejejeje

    recomendado fervientemente: We Jam Econo, el de los Minutemen.

    Carlos

    Xaneiro 18, 2007 a 3:37 pm

  2. O “We Jam Econo” xa o descarguei fai un par de meses ou tres pero non me entusiasmou coma a ti, a mi non me perden tanto os Minutemen.

    feelbeat

    Xaneiro 18, 2007 a 6:44 pm

  3. Pero tío! se é moi bonito! é a historia de tres amigos, máis que a historia dunha banda, por máis que a banda parézame do mellor que saiu dos 80’s.

    Carlos

    Xaneiro 19, 2007 a 9:42 am


Deixa un comentario