A Velas Vir

vaia vaia vaia….

Archive for Outubro 2006

¿Qué fago con isto?

hai un comentario

Como podedes apreciar este blog está máis morto que vivo e a razón pola que se da esta situación é basicamente que xa non me atrae moito a idea ca que creei este blog xa fai máis dun ano.
A cousa é que cando creei este blog quería falar de música e de cousas relacionadas ca música, pero cada día motívame menos escrivir de música, por que entre que non son xornalista, en que son un pouco lacazán e cada día, grazas a internet (blogs, redes p2p, etc…) a xente está a descubrir moitísima música, polo que eu non son ninguén, nestes intres e dende xa fai un bo tempo, para escrivir sobre música.
Os que me coñecen ben saben que sempre gustáronme moito os fanzines, e a pesar de facer varios en formato papel, teño a espiña de facer un en internet. Gustaríame crear un en plan informativo, coma un xornal, no que informar do que acontece en Ourense e arredores (sempre co tema central da música que a min me gusta e respeto), e grazas a que o meu querido Carlos Alonso descubriume o marabilloso que é o mundo de WordPress, gustaríame utilizar esa ferramenta.
Chega o punto de que non todo vai en boa dirección. Chega o intre no que atopamos os primeiros problemas. Hoxe en día, que grazas a deus non teño unha situación económica asfixiante, pódome permitir pagar por un aloxamento e un dominio web de pago, pero os meus nulos coñecementos de programación web e que non me apetece estar unha semana ou dúas pegado a pantaia do meu computador, bótanme moito para atrás. Sempre queda a opción da version gratuita de WordPress, pero ainda que xa hai versións en castelán, portugués, basco e catalán non hai unha en galego, ainda que parece que están no camiño de logralo. E sempre terei a opción de Blogaliza, unha rede de blogs gratuitos, feitos en WordPress e en galego. Mais agora chega outro pero, o deseño. Ningún dos “templates” de WordPress que atopei en internet gustoume demasiado. Parece ser que se quero ser firme nas miñas convincións nunca chegarei a ningures, polo que parece vou ter que ceder nalgún punto para poder levalo adiante.

O que si está claro e que ainda que peche este blog non vou borrar nada do que subín, xa que hai moitas cousas aquí escritas que interésame manter para o resto dos días.

Escrito por Pablo

Outubro 28, 2006 a 12:24 pm

Publicado en persoal

Outra labazada na cara a MySpace

without comments

Entérome, vía Menéame, que os da revista PC World elixirón a páxina web de MySpace como a peor de todo internet.
E que como eles mesmos dín, nun momento no que esta web é máis famosa que o mismísimo Elvis, como o fan para manter un deseño tan cutre e unha navegación tan compricada para os seus usuarios.

Escrito por Pablo

Outubro 8, 2006 a 9:45 am

Publicado en internet