Archive for Maio 2006
Elvis Costello & The Attractions – I Can’t Stand Up For Falling Down
Mario Bros goes symphony
Agora que Nintendo vai a sacar a súa nova consola a Nintendo Wii, parece ser que os da orquestra sinfónica de Londres fanlle unha pequena homenaxe o heróe orixinal dos video xogos. Escoitade, ecoitade…
Vendedores de discos
Acabo de atopar esta pequena tira no fotolog do debuxante Paco Alcazar, que ademáis de cantar en Humbert Humbert é un reputado debuxante de banda deseñada. Simplemente xenial. Téñolle que preguntar o tipo da tenda de discos a que vou cada semana dende hai dous anos se entende o castelán e que o lea, a ver se se da por aludido.
¿Mercury Rev en Ourense?
Hai uns intres, de casualidade fuchicando na rede, atopei a nova de que Mercury Rev tocan o vindeiro sábado 13 de maio en Ourense, dentro da “feira” intinerante A Cultura Circula organizada pola Xunta de Galiza mediante as consellerías de Cultura e deporte, a de Vicepresidencia de Igualdade e Benestar e a de Innovación e Industria.
Quedeime abraiado por varios motivos.
Primeiro: Que por fin unha banda como Mercury Rev pise o chan ourensán por iniciativa dunha institución pública e non por unha promotora privada. Sen dúbida un momento histórico para os cidadáns ourensáns que coma min aprezan este tipo de música.
Segundo: Paréceme increible que ante tal acontecemento na cidade das Burgas, unha semana antes non soupese nada por fotologs de amizades ourensáns ou galegas, polo foro do Rock Club, polo foro do Torgal… en serio, abráiame moitísimo. Non sei se é por pouca pomoción do evento, por que a xente realmente trailla o pairo o concerto…
O que teño eu claro é que se ainda estivese a vivir en Ourense non me perdía un acontecemento coma este, e espero que moitos ourensáns que ainda residen en Ourense e pensan coma min vaian a este espectáculo.
