A Velas Vir

vaia vaia vaia….

Ata logo!

con 5 comentarios

Pois parece ser que a terceira vai a vencida. Os poucos que pasades por aquí de vez en cando xa vos decataríades que levo tempo sen publicar ningún post. A verdade é que non teño nada interesante que contar e pouca xente, por non decir ninguén, impórtalle un carallo a vida deste ourensán no meridiano cero.
Por agora non pecho o blog, quedan moitas cousas publicadas das queme sinto orgulloso, e quizais algunha vez valdranlle a alguén para algo.

Apertas e saudos para os que seguíades esto.

Escrito por Pablo

Marzo 15, 2008 a 10:34 pm

Publicado en persoal

Turismo

hai un comentario

Dous clientes meus (un barcelonés e unha salmantina) teñen pensado ir por semana santa a Galiza (por separado, o catalán ca súa moza inglesa e a salmantina ca súa familia) a pasar uns días de relax a base de comida, paseos polas praias etc… o que pasa e que a verdade e que non teño nin puñetera idea de que aconsellarlles de facer. O barcelonés vai andar entre Compostela, A Coruña e Vigo e a salamatina vai a establecer Sanxenxo como base operativa e dende aí vaise mover pola nosa terra.

Pídovos axuda para que votédesme unha man suxeríndome sitios onde poden ir a comer, visitar, etc… a verdade e que estaríavos moi moi agradecido.

Escrito por Pablo

Xaneiro 27, 2008 a 12:05 pm

Publicado en Galiza, cociña

8 días

con 5 comentarios

Vou ser totalmente sinceiro con todos vos, da única serie que me declaro seguidor a morte, que non fan, é Lost (Perdidos). Sí, Heroes está moi ben, gústame moito, pero Lost foi a primeira… nin Prison Break, nin Jericho (desta non vin nin 5 minutiños) nin lerias, xa tan só co boa que foi a primeira tempada un debe respetala polo resto dos seus días, e ainda que o meu amigo Javi tácheme de fanático, a segunda e terceira tempadas tampouco estiveron tan mal, a verdade e que a terceira gustoume moito, e tal como plantéxase a carta promete bastante… que digo bastante, MOITÍSIMO!!
O día 31 nas pantallas dos televisores ianquis, o día 1 no meu computador.
Vou quedar sen uñas!!!

Escrito por Pablo

Xaneiro 23, 2008 a 5:13 pm

Publicado en televisión

La Rosa

deixar un comentario »

Hoxe andaba eu fedellando coma sempre por internet adiante e lembreime que Carlos Rego contoume este pasado nadal que o vindeiro disco de Burgas Beat vai a ser xunto con Magín Blanco através do selo de Segundo Grandío, Pai Música. Así que metinme en Google e púxenme a indagar sobre o que estar a facer hoxe en día o músico Valdeorrés, e mira tí, que resulta que entro  no seu blog e descubro que fai tres días subiu o primeiro disco da súa antiga banda para quen queira o descargue. Un detallazo que o alaba, poder disfrutar gratis e en formato dixital deste vinilo de 1989. Pero aí non quedou a cousa, ademáis ven cun single de La Rosa no que colaborou Josele Santiago e foi producido por Fino Oyonarte, ambos de Los Enemigos.

Moitísimas gracias por este detallazo señor Blanco!.

Para máis información:
http://maginblanco.blogspot.com/2008/01/la-rosa-1-lp-edigal-1989.html

Escrito por Pablo

Xaneiro 13, 2008 a 9:32 pm

Publicado en Galiza, música

Ramone

deixar un comentario »

Pois parece ser que nun par de semanas aquí nun garito o ladiño da casa hai unha noite ramoniana onde tocan os madrileños Sugus xunto cos holandes The Apers. Ten unha pinta caralluda, esperemos a animar a uns cantos a pasalo ben, e se non o día seguinte tocan en Brighton e sempre podemos liar a Cucha, hehehe.

Escrito por Pablo

Xaneiro 9, 2008 a 5:38 pm

Publicado en música

Oseira

con 4 comentarios

Mira que teño ido veces e veces a Oseira de pequeno ca escola, cos meus pais, etc… e téñome que enterar grazas a un blog o que cheguei seguindo a miña afición a seguir ligazóns sen senso, que Syd Barrett pasou unha boa tempada o ano que nacín eu neste monasterio ourensán e ata que gravou un disco, “Spanishgrass” basado nas cancións que compuso durante a súa estadía cos cregos cistercienses.

Simplemente por curiosidade, pero na vindeira ocasión que vaia a Ourense, achegareime a San Cristovo de Cea e preguntarei se este rumor é certo. A verdade é que morro ca curiosidade.

Escrito por Pablo

Xaneiro 5, 2008 a 9:43 am

Publicado en Galiza, música

Benvida

con 4 comentarios

Este ano, grazas a deus, non houbo problema ningún na nosa viaxe de Londres a Ourense. A pesar da tremenda xeada que caeu en Londres onte a mañanciña non houbo problema para despegar, cun chisco de retraso eso si, dende o aeroporto de Heathrow.

Moi bo tempo en Galiza. A Coruña recibiunos cun soleado día e 15 grados de temperatura ambente; e Ourense recibiunos cun bo prato de callos e unha bola de pan de Cea.

O mellor de vir no nadal a casa é estar ca familia, sentirme util nestes días axundando os meus pais e a miña irmá a facer recados, compras… e por suposto ver os colegas, xa que por estas datas todos voltamos a casa, podemos tomarnos un café e pornos o día do que aconteceu durante este ano nas nosas vidas.

Tranquilidade, ese é o plan para este ano. Ainda non teño plan para fin de ano e tampouco me compre. Non penso ir o dentista a facer a miña revisión anual, tampouco o oculista… o único estress para min este ano vai ser mercarlle os galanos de nadal os meus pais e a miña irmá, o dito, relax.

Por certo, fai dous días foi o cumpreanos de Carlos, xa o felicitei vía sms, pero hoxe a noite espero felicitalo en persoa.

Escrito por Pablo

Decembro 21, 2007 a 8:50 am

Publicado en Galiza, persoal

Tapas

con 4 comentarios

Onte a mañá fumos ó Borough Market, a pasar un rato con Rodrigo, que xa se volve para Galiza, rematando así a súa aventura Londinense.

Alí presentounos a Alberto, outro galego residente en Londres e metido no mundo da web 2.0 . A verdade é que entramos no Brindisa a tomar un vaso de viño e un par de tapas a eso da 1 do mediodía e saimos con máis dun viño, e con máis de dous tapas cada un a eso das 5 do serán.
Foi un rato estupendo, algo que aquí en Londres botaba moito en falla, estar de pé, cos amigos, na barra dunha tasca tomarme unhas cañas, uns pinchos e falar durante horas e horas dos temas máis intrascendentes e a vez máis importantes da vida. Para calquera que lea esto parecerá unha parida, pero asegúrovos que en case que catro anos aquí en Londres nunca tivera a oportunidade de ir de “pinchos”, e hei de recoñecer que acabei encantado ca experiencia, sentinme como cando vou con Ana e os nosos amigos polos bares da rúa dos viños en Ourense tomándonos unhas croquetas no “El Rey Del Jamón“, un picho de orellas no “Orellas” (valga a redundancia), un pincho de calamares no “Dúas portas“, outra de champiñóns no “Arco Da Vella“…
Un marabilloso rato, unha marabillosa experiencia que teremos que repetir cando Rodrigo regrese a Londres a facernos unha visita.
Coidate, meu!.

Escrito por Pablo

Decembro 16, 2007 a 9:09 am

Publicado en persoal

Vinilo

con 2 comentarios

Onte fun ata Brick Lane acompañando as rapazas a un saldo da deseñadora Orla Kiely e descubrín que Rough Trade abrira fai pouca unha tenda no o carón desta famosa rúa. A verdade e que é impresionante, ten cafetería na entrada, na parte de enriba está xente traballando para o que é a discográfica e venta por correio, teñen ademáis zona de navegación grauita por internet cuns iMacs cunhas pantallas máis grandes que o demo, un pequeno escenario para concertos… pero a min o que realmente interésame e que con todo ese espazo, con tanto sitio para meter vinilo ¡¡fanno!! hai moreas de vinilo, tanto ou máis que na súa tenda de Talbot Road en Notting Hill. Ai caixóns e caixóns cheos de 7″ e de álbumes de todolos estilos e no mostrador tes 5 pratos para escoitar calquera disco que queiras mercar, unha cucada a verdade. Ten un aspecto moi sinxelo, mantendoo “rollito” almacen que foi no seu tempo, non neceitan máis e eso gustame, adoro ese toque austero.

A verdade e que agora teño un pequeno problema, e que quédame a uns 20 minutos andando do traballo e a verdade é que eso aquí en Londres é a volta da esquina, e a vez un perigo para min. Hei de recoñecelo, hoxe volvín con máis tempo para remexer en cada un dos caixóns e foi unha pasada.

Estou seguro de que a miña seguinte visita será ben pronto.
Por certo, Carlos, tes que vir a Londres so por esta tenda meu.

Escrito por Pablo

Decembro 10, 2007 a 7:46 pm

Publicado en música

Lecturas

deixar un comentario »

Este tempo que estiven sen conexión a internet aproveitei para ler un pouco, xa que ainda teño algúns libros pendentes. O primeiro que collín e a verdade é que resultoume moi sinxelo de ler, ameno e interesante foi “Outra idea de España” de Suso de Toro.

Sí, xa sei que o libro saíu a venda fai de dous anos e que pola súa temática e tal pode estar un pouco desfasado, pero ainda de logo deste par de anos a vixencia da maioría das cousas das que opina nesta recompilación de artigos de prensa e indiscutible.

Non me vou declarar fan absoluto deste home, porque xa non son un rapaz na idade do pavo para ser un fan tolo de algo ou alguén, pero agradecín moito certas palabras, por non decir moitas, e pensamentos do señor de Toro.

Non son moi dado a facer públicas as miñas opinións políticas, máis en menos dunha semana falei con esta dúas veces de politiqueos e de España, pero tan so quero decir que estou moi agradecido a este home por mostrarme que non son o único que pensa que é posible unha independencia cultural galega total da española, que España pode ser un estado plurinacional do que debemos estar moi orgullosos e sobre todo que moita, moitísima xente ten que rompen barreiras e castracións mentais e mirar máis aló do que certos manipuladores intentaron facernos ver e crer nos últimos tempos.

Moitisimas grazas señor de Toro.

Escrito por Pablo

Decembro 6, 2007 a 6:29 pm

Publicado en Galiza, persoal

Subidón!

deixar un comentario »

Pequenas cousas como esta alédante un luns pola mañá e quizais toda-la semana. Sei que ai que ser realistas, e que o vindeiro fin de semana podemos voltar a pasalo mal como os derradeiros dous anos, pero cousas así son GRANDES e ai que saborealas coma gloria.

Escrito por Pablo

Decembro 3, 2007 a 4:06 pm

Publicado en Athletic de Bilbao

Control

hai un comentario

Nestes últimos días teño a sensación como que non controlo nada do que acontece na miña vida. Non podo tomar por min mesmo nin unha soa decisión sobre a miña propia vida.
É algo frustrante. Non sei, penso que necesito cavilar un pouco sobre todo isto, facer unha “desframentación do disco duro” do meu cerebro. A verdade é que paso demasiado tempo pechado na monotonía, pero tampouco atópome cómodo cando saio dela. Como dí Emma Clarke, ai vida máis aló da M25, estou seguro que as viaxes a Amsterdam e Berlín viranme moi ben o ano que ven.

Escrito por Pablo

Decembro 2, 2007 a 12:27 pm

Publicado en persoal

Meme III República Española

deixar un comentario »

Xa, xa o sei Rodrigo, un chisco retrasada a miña resposta o teu meme pero coma dín por ahí, máis vale que nunca.

Básicamente as miñas razóns para pedir unha terceira república española veñen a ser as mesmas que as túas:
- Non creo nas institucións herdadas, o pobo é o soberano dun país. Respecto os Borbóns podería escribir un bo feixe de razóns polas que non quero que segan como a familia real española pero non son político, son un simple cidadán, e ainda así sería unha lista demasiado longa.

- Non creo nunha constitución obsoleta que eu non votei. Non discuto que no seu momento foi un paso básico para o establecemento da democracia en España, pero nos tempos en que vivimos cheira un pouco a rancia.

- Porque non hai un respecto a obvia multiculturaridade da nación española. Non soporto que en xeral o adxetivo español líguese automática e erróneamente a castelán.
Nesa constitución vella da que anteriormente queixávame ven claramente escrito que os idiomas oficiais do estado español son o castelán, o galego, o basco é o catalán; así que por dedución obvia é básica, o galego é español, o basco é español, e o catalán é español.

En defenitiva, quero unha España republicana e federal.

Escrito por Pablo

Novembro 24, 2007 a 5:14 pm

Publicado en internet, persoal

Dous meses

con 2 comentarios

Por culpa dos “simpáticos” de AOL botei dous meses sen conexión a internet. Tempo de “desentoxicación” que aprovetei para ler máis, escoitar máis os meus discos de vinilo e porque negalo, pasar máis tempo ca miña parella.
Agora é momento para poñerme o día: Ver a campaña que lanzou fai un mes Gadis, ver o video de “El Rey” mandando calar a Hugo Chavez, escoitar o novo disco de The Homens, mandarlle a todo o mundo as fotos da voda dos meus amigos Abraham e Susana, etc… e por suposto reponder unha boa morea de emails, actualizar a web do Rock Club (milleiros de perdóns Labra!!), preparar as viaxes do ano que ven a Amsterdan e Berlín, e montar o video da voda do ano.

Pero sobre todo o que máis botei de menos este tempo foi estar en contacto, grazas a esta ferramenta, cos meus seres queridos: amigos e familia, esperemos que para a vindeira vez non me leve tanto tempo.

Escrito por Pablo

Novembro 24, 2007 a 3:49 pm

Publicado en persoal

Tres

hai un comentario

Menuda sorpresa acábome de levar o ver unha mensaxe de Martín Wu, cantante de The Homens, no meu anterior post no cal cóntame que xa se pode escoitar unha das cancións que conforman o seu primeiro álbume “Tres”, que editará Falcatruada o vindeiro 15 de outubro. E ademáis hai que sinalar que a edición do disco será en tres formatos diferentes, CD, descarga dende internet e o meu adorado vinilo. Non hai excusa para facerse co disco e amenizar os escuros seráns de outono e inverno cos composteláns.Podedes escoitar a canción e incluso descargala aquí:
The Homens – Calamar

Escrito por Pablo

Setembro 8, 2007 a 10:56 am

Publicado en Galiza, música

que gran verdade!

con 4 comentarios

brianjonesdied4yrsins.jpg

Fai un intre atopeime con esta ¿esquela? nun mp3blog en internet e sen pensalo gardeina no disco duro do meu computador. Qué verdade máis grande! para que logo hai xente que discútame a miña opinión de que o señor Jones era o auténtico talento dos Rolling Stones, e Jagger e Richards uns envidiosos sen un talento creativo tan grande e tan maravilloso como Jones.

Escrito por Pablo

Setembro 4, 2007 a 8:23 pm

Publicado en gráfico, internet, música

Triangulo de Amor Bizarro

deixar un comentario »

Porque publicaron un dos mellores discos do ano. Porque non os quito de meu reproductor de mp3 dende fai o menos dous meses, e ainda que non me considero un fan da banda recoñezo que fixeron un disco que vai a pasar a historia, o tempo darame a razón, xa veredes.

Actualización: ¿Fun o único que se decatou que a figura da virxe que aparece o principio de clip leva un autocolante da Iniciativa Dharma de “Lost“? eso é frikismo e o demáis son lerias!! Mooooola!!.

Escrito por Pablo

Setembro 4, 2007 a 8:10 pm

Publicado en Galiza, música

Garden State

con 3 comentarios

Esta finde levéime unha grata sorpresa, que non esperaba, grazas a este filme do ano 2004. A verdade e que non tiña nin idea de que iba nin nada, e atopeino o outro día no cartafol dos arquivos baixados do eMule e púxenme a vela ca miña moza, e os dos quedamos encantados a verdade. Doce, dura, vital, deprimente… ten unha boa morea de sentimentos que os actores, Zach Braff (coñecido pola serie cómica Scrubs) e a máis coñecida Natalie Portman, encárganse de mostrar e sacar fora dun xeito excepcional. Sinxela, sen pretensións, un claro exemplo de bo cine que gusta a un variado tipo de público. Visión obrigada.

Escrito por Pablo

Agosto 27, 2007 a 10:29 am

Publicado en cinema

The I.T. Crowd v2.0 xa está listo!!

con 8 comentarios

 

A maioría de vos xa o saberedes, o vindeiro día 24 comenza a segunda tempada da miña comedia favorita dos últimos anos, “The I.T. Crowd“. Logo de esperar oito meses, dende que anunciaran antes do nadal que ía a ser emitida a primeiros de xaneiro, a súa canle de emisión, Channel 4, dicidiu retrasar a súa emisión e por no seu lugar “Ugly Betty”, a versión ianqui de “Yo soy Bea”, esperando unha gran audiencia que nunca conseguiron. Ainda que so van ser 8 episodios, ou eso dín os rumores, estou seguro que máis dun estaremos pegados o vindeiro venres as pantaias dos nosos televisores, esperando polas tolerías de Moss, Jen e Roy. Estean atentos o seu cliente p2p preferido para descarregar esta nova tempada.

ACTUALIZACIÓN:
Xa dispoñibles as descargas do episodio e os subtitulos:

Subtitulos:

Descargas directas:

http://rapidshare.com/files/51089836/itc.201.angelic.part1.rar
http://rapidshare.com/files/51089805/itc.201.angelic.part2.rar

http://www.egoshare.com/44f9520a1d5aa6f1a22bc95bd1fa6b8b/itc201angelicpart1rar.html
http://www.egoshare.com/013cd6399e051a859ca13e669e1897ae/itc201angelicpart2rar.html

http://cocoshare.cc/518963056/itc.201.angelic.part1.rar
http://cocoshare.cc/466673775/itc.201.angelic.part2.rar

Stage 6:
http://stage6.divx.com/user/jonripper/video/1564706/The-IT-Crowd-S2-EP1

Descarga directa de Stage6:
http://video.stage6.com/1564706/.divx

Torrent:
The IT Crowd S02E01 – Torrent

Emule:
The IT Crowd eD2k – 201 (2×01)

Escrito por Pablo

Agosto 18, 2007 a 8:24 pm

Publicado en internet, televisión

Conclusións do Felipop 2007

con 4 comentarios

Xa descansado e cos miolos en frío aventúrome a facer unha revisión-opinión do que foi a edición deste ano do festival de Limodre.
A verdade é que dende o momento que saiu a luz a lista de bandas que ían a actuar este ano quedeime abraiado. Semanas antes de facerse público o cartaz deste ano chegaoume a información (dunha fonte moi moi fiable) de que este ano repetían Airbag, logo do éxito da súa actuación do ano pasado baixa a carpa do polideportivo da localidade fenesa. Pero no momento en que se publicou na web do festival e no seu fotolog que ían repetir Señor Mostaza, que non so para min senón que para moitos dos asistentes o seu concerto do ano pasado, trala súa actuación do 2006 que foi soberanamente aburrida; quedeime bastante sorprendido xa que non me esperaba unha decisión como esa. Non digo que actuación como a do xoves de Combo Dinamo (a que non puiden acudir) e as de Los Imposibles e de Octubre non peguen co espíritudo festival, pero o que non se pode facer, na miña opinión, e baixar tanto a calidade dun festival basándose na lealtade dos sus habituais, nos que me atopo.
A verdade e que o venres xa nin aguantei ata a A Hortiña e preferín marchar ó meu hostal para estar descansado o sábado e ir a comer a O’ Emigrante e pasar a tarde na praiña de Río Castro que hai o seu carón. E o sábado o mesmo, ainda menos xente que a noite anterior e máis aburrimento baixa a carpa. A verdade e que pasei mellor de tertulia en Casa Ardá que baixo a carpa. Podería facer máis comentarios críticos e máis incisos, pero non quero falar mal dun festival e dunha xente que me fan sentir coma na casa, como se vivise na vila todo o ano. Tan so quero rogar a organización que para a edición do ano que ven fáganno bastante mellor xa que o festival chega o seu décimo aniversario, e quero pensar que esa foi a razón pola que este ano a calidade baixou tan estrepitosamente, espero que a edición do ano que ven sexa impresionante, increíble, como era fai uns anos cando empecei a ir aló polo 2002 e namoreime de Felicia.

Escrito por Pablo

Agosto 13, 2007 a 1:33 pm

Publicado en Galiza, música, persoal